Searching Emprego é un feed en Twitter de ofertas de emprego en Galicia. As recompilacións contidas nesta web ofrecen a posibilidade de poder consultar todos os tweets que @SearchEmprego emite cada semana nun formato máis amigable, coa reseña fundamental de que as ligazóns contidas nas ofertas seguen a estar operativas no documento PDF.
Unha vez dentro do informe existe a posibilidade de facer unha busca por palabra clave.
Como resultado, sempre e cando tal termo conste no documento, obterase un resaltado da palabra escollida naqueles tweets nos que a mesma esté presente. De non aparecer por defecto na marxe superior dereita da pantalla o recadro de busca, prema a combinación de teclas Ctrl+F. O procedemento é tan sinxelo coma introducir o termo a buscar -por exemplo unha provincia ou unha profesión- no espazo "Buscar en documento" e premer a continuación Intro. No caso de que se obteña máis dun resultado, poderase avanzar ou retroceder nos mesmos coas frechas ascendente/descendente do recadro.
Tamén é posible descargar o documento PDF coa combinación das teclas Ctrl+S. Agora, ademais, tamén está dispoñible a posibilidade de consultar a recompilación máis recente utilizando o visor de Calaméo. Neste caso, para habilitar a busca por palabra clave só hai que facer clic enriba da icona correspondente. As ligazóns contidas nas ofertas están operativas para ir a visitar a web de orixe da oferta.
|
Searching Emprego (@SearchEmprego) como feed automatizado que é, non se fai responsable da orixe, contido, exactitude nin de calquera outra circunstancia relacionada coas ofertas publicadas.