Non cabe dúbida algunha de que a irrupción da internet causou un profundo impacto nas nosas vidas, máxime por mor da difusión xeneralizada no uso dos dispositivos móbiles e as redes sociais. A nosa interacción coa rede no transcurso destes anos non deixou de xerar toda unha serie de pegadas dixitais persoais ademais de fendeduras na esfera da nosa privacidade susceptibles de poder chegar a causar algún tipo de prexuízo ou desvantaxe á nosa reputación online e, polo tanto, á nosa marca persoal. Por ese motivo a Unión Europea (UE) estableceu unha regulación específica sobre o dereito ao esquecemento na internet.
Tendo en conta, ademais, que os reclutadores non adoitan a empregar máis de 6 segundos en comprobar un currículo e que só o 4% dos mesmos non fan uso da internet para buscar información sobre os candidatos, antóllase nalgún momento recomendable e ata necesaria a tarefa de revisar todo aquilo (boletíns oficiais, foros, e en xeral calquera información persoal amparada polas liberdades de expresión ou de información) que poida ser susceptible de prexuízo para a nosa reputación online en aras de manter saneada a percepción que os demais poidan chegar a ter de nós e das nosas candidaturas.

Dende que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) fixese pública o 13 de maio de 2014 a sentenza (ver aquí) pola que os motores de busca na internet quedaban sometidos ás normas de protección de datos da UE, as persoas teñen dereito a solicitar, baixo certas condicións, que do resultado dunha busca realizada polo seu nome na internet non poidan obterse ligazóns aos seus datos persoais -polo menos a aqueles que non sexan do seu interese-. É o que se coñece como dereito ao esquecemento, o cal nos ampara á hora de impedir a difusión de información persoal a través de internet e máis en concreto a limitar a difusión universal e indiscriminada de datos persoais nos buscadores xerais cando a información é obsoleta ou xa non ten relevancia nin interese público, aínda que a súa publicación orixinal sexa lexítima.
Para exercelo, podendo facerse sen necesidade de acudir previamente á fonte orixinal, non temos máis que recorrer ao formulario habilitado polo buscador correspondente co cal obtivésemos o resultado que desexamos eliminar:
No caso de que a entidade non responda á petición realizada ou ben consideremos a súa resposta como inadecuada ou insuficiente, sempre poderemos requirir tutela á Axencia Española de Protección de Datos a través da seguinte ligazón: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formReclamacionDerechos/reclamacionDerechos.jsf