Un CV 2.0 é unha innovadora ferramenta que nos serve como complemento e/ou alternativa ao CV en formatos máis clásicos -como Word e PDF - ou ao currículo en papel de toda a vida. A gran vantaxe dun CV 2.0 é a posibilidade que nos ofrece de obter unha maior visibilidade da nosa experiencia laboral, os nosos logros e habilidades xa que nos permite unha maior facilidade e eficiencia á hora da súa promoción en redes sociais, a súa optimización en motores de busca como Google, ou a súa inserción como enlace en blogs ou webs. Trátase, en definitiva, dun formato especialmente atractivo e interesante para determinados sectores profesionais e unha ferramenta en auxe, se ben na actualidade representa soamente -segundo unha análise elaborada pola consultora Agio Global - un 10% do total das candidaturas.
De entre o amplo abano de opcións das que dispoñemos hoxe en día, sen dúbida re.vu é unha das que merece estar no podio das máis atractivas. Por tal consideración, o seguinte pretende ser unha guía o suficientemente detallada -e apta mesmo para @s que non saiban inglés- como para proceder con re.vu a elaborar sen maiores complicacións o noso propio CV 2.0 .
De entre o amplo abano de opcións das que dispoñemos hoxe en día, sen dúbida re.vu é unha das que merece estar no podio das máis atractivas. Por tal consideración, o seguinte pretende ser unha guía o suficientemente detallada -e apta mesmo para @s que non saiban inglés- como para proceder con re.vu a elaborar sen maiores complicacións o noso propio CV 2.0 .
1. Datos.
Unha vez accedamos a re.vu (facendo click aquí), temos que completar antes de nada os espazos destinados aos datos básicos para poder así rexistrarnos: o noso email, unha clave de acceso e un dato co que personalizar a nosa URL (por exemplo, o noso nome e apelidos co que o enlace que obteriamos sería: http://re.vu/nombreyapellidos ou directamente re.vu/nombreyapellidos).
Seguidamente de facer click en "Create Your Page" brindarásenos a oportunidade de vincular o noso rexistro en re.vu ao noso perfil de LinkedIn se é que dispoñemos previamente dun. No caso contrario, farémolo en "Skip This Step". Efectuado isto, xa estamos en disposición de completar os datos referidos ao noso currículo. Comezaremos na pestana "Personal Data" con dous apartados na marxe esquerda: "Basic Information" e "Links".
| En "Basic Information" incluiremos o noso nome ("First Name"), apelidos ("Last Name"), volveremos incluír nome e apelidos en "Display Name" (o introducido neste apartado é o que nos identificará na cabeceira do noso CV 2.0 ), en "Headline" mencionaremos o perfil ou perfís profesionais que nos definan (por exemplo, Mercadotecnia e Publicidade) e en "Biography" engadiremos, se así o desexamos dado que non é indispensable, uns breves apuntamentos biográficos. Si é aconsellable activar a opción de "Allow visitors to your profile to contact you via email?" que permitirá aos visitantes do noso currículo poder contactar connosco vía email dunha forma sinxela completando un formulario. |
En "Traditional Resume" dispoñemos da posibilidade de escoller e "subir" ("Upload") e incorporar un acceso público a un currículo do que dispoñamos xa previamente (por exemplo en formato Word ou PDF ). O visitante que acceda posteriormente a este, dispoñerá mesmo da posibilidade de descargalo. Procederemos da mesma forma ao incorporar unha foto ao noso perfil en "Profile Photo" e activaremos a opción "Show photo on your profile page?" para que poida ser visualizada polos nosos visitantes. No apartado "Links" podemos engadir as URLs (incluíndo ao inicio das mesmas http://) tanto do noso blog ou web coma das nosas redes sociais. Non nos esquezamos, iso si, de gravar os datos recén introducidos facendo click no botón "Save".
A pestana seguinte a "Persoal Data" é a de "Timeline", destinada a crear unha cronoloxía gráfica das nosas experiencias laborais. No recadro "" e para engadir unha nova experiencia laboral faremos click en "Add More Values". SaveSeguiremos en calquera caso unha orde de máis antigo a máis recente, aínda que tamén se pode cambiar a posteriori picando e arrastrando os módulos.
Company Name " incluiremos o nome da empresa, en "Title" a categoría profesional que desempeñamos na devandita empresa, e en "Type of Timeline Entry" teremos que escoller de entre as tres opcións seguintes: "Previous Timespan" no suposto de que a nosa experiencia laboral xa concluíse ("From date" para seleccionar unha data de inicio e "To date" para engadir unha data final); "Single Date" referido a algo puntual dun só día; ou "Current/Ongoing" para seleccionar a data de inicio en caso de que se trate dun emprego que siga vixente. Se o desexamos podemos engadir información adicional (como un listado das tarefas e funcións realizadas, por exemplo) no campo "Details" ou algunha imaxe relacionada de interese. Gardamos os datos con " Na pestana "Infographics" hai dispoñibles varios apartados: "VitalStats" para mostrar cun número e o asunto ao que fai referencia ese número aqueles obxectivos ou metas que conseguísemos nun traballo (por exemplo, nun ámbito comercial, o número máximo de vendas conseguidas nun día); "Job Duties" para pormenorizar as funcións exercidas nun determinado posto asignándolle unha porcentaxe de tempo empregado, e poder así destacar a nosa versatilidade; "Skill Evolution" para resaltar o progreso das nosas habilidades ao longo dos anos; "Proficiencies" para outorgarnos un valor de 0 a 10 a cada unha das habilidades que queiramos engadir; "Quotes" para incluír por exemplo frases, comentarios, ou citas coas que nos identifiquemos; "Percentages" para cando prefiramos deixar constancia dalgún dato mostrándoo en porcentaxe; "Pastimes" para asignar unha pocentaxe de ocupación tanto ás nosas afeccións coma a aquilo no que ocupamos o tempo extralaboral; "Interests Over Time" para reflectir unha evolución temporal dos nosos intereses tanto profesionais coma persoais; e finalmente "Languages" para plasmar os distintos idiomas que practiquemos e o seu grao de dominio (picar en "Add More Values" para engadir un novo idioma).
A pestana "Portfolio" está exclusivamente reservada para a suba de documentos que consideremos relevantes (a modo de exemplo, as acreditacións previamente escaneadas dos nosos cursos). A continuación, na pestana "Education", achegaremos a información relativa aos nosos títulos académicos, engadindo o nome da institución na que se cursou a formación, a área á que corresponde a formación recibida, un grao (licenciatura, por exemplo), e o ano en que se obtivo a graduación. Finalmente, na pestana "Work Examples" se o desexamos pódense engadir documentos demostrativos de traballos realizados. Engadir que sempre dispoñeremos da posibilidade de incorporar novos datos ou modificar os xa existentes accedendo a "My Profile" - "Edit My Profile".
2. Deseño e promoción.
Unha vez incorporados e gardados todos aqueles datos que decidísemos publicar, é hora de comprobar a aparencia visual de noso currículo e axustar o seu deseño segundo estimemos pertinente. Para iso na marxe superior faremos click en "My Profile" e seguidamente no despregable en "View My Profile". É entón cando verificaremos o aspecto de noso CV 2.0, que será exactamente o que verán os que o visiten, e á vez advertiremos a presenza dunha nova pequena ventá: "DESIGN".
| Pois ben, se seleccionamos nela "Background", dispoñeremos da posibilidade de escoller e subir unha imaxe que teñamos almacenada e que substituiría á que teñamos no currículo de fondo nese momento. Seleccionando a pestana "Theme", poderemos escoller un dos diversos aspectos visuais que nos proporciona por defecto re.vu. E finalmente, na pestana "Arrange" dispoñeremos a orde na que se presentarán os datos picando e arrastrando os distintos bloques de información. |
Unha vez revisados e actualizados os nosos datos, e case como último paso xa, só nos quedará promover o noso CV 2.0. Podémolo facer directamente a través de re.vu en Twitter, Facebook, LinkedIn e Google+ colocando o cursor sobre "Share My Profile" e escollendo a rede social na que decidamos difundilo. Tamén podemos facelo colocando o cursor sobre "My Profile" e seleccionando a pestana "Promote". Dende aí, en "Social" podemos promovernos en Twitter, Facebook e LinkedIn, en "QR Code" obter un código QR para abrir unha nova vía de acceso ao noso currículo dende móbiles e tabletas, en "Embed Link" dispoñer dun link en HTML que nos permita inserir por exemplo un acceso ao noso perfil nun blog, e en "Search Engines" optimizar a URL do noso CV 2.0 en motores de busca (Google, Bing, Yahoo).
Finalmente, para levar a cabo un seguimento da nosa actividade de promoción ao longo do tempo e comprobar o impacto obtido servirémonos da analítica proporcionada por re.vu (acceder a "My Profile" e "Profile Statistics" a continuación), coa que poderemos obter un indicador tan básico e fundamental como é o número de veces que foi visitado o noso currículo ("Resume Views").
Finalmente, para levar a cabo un seguimento da nosa actividade de promoción ao longo do tempo e comprobar o impacto obtido servirémonos da analítica proporcionada por re.vu (acceder a "My Profile" e "Profile Statistics" a continuación), coa que poderemos obter un indicador tan básico e fundamental como é o número de veces que foi visitado o noso currículo ("Resume Views").