No foro levaranse a cabo unha serie de actividades formativas que incluirán un circuíto de obradoiros para a construción e o posicionamento online da nosa marca persoal e contará cunhas xornadas sobre os empregos emerxentes no eido da economía circular. Haberá, ademais, ata 10 puntos de orientación e asesoramento para a busca de emprego
Volve un ano máis -días 11 e 12 de maio- o Foro da Innovación no Emprego (FIE) ao Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. Na actual edición, o foro orbitará en torno ao modelo que nos propón a economía circular (reusar, reparar e reciclar) fronte ao modelo económico lineal (producir, utilizar e refugar). Dentro dun marco estratéxico de ámbito europeo, o foro achegará unha visión xeral da economía circular e abordará o papel a desempeñar polos diferentes axentes implicados (entre eles as entidades locais) á hora de facilitar unha transición cara a ese modelo económico e, colateralmente, de promover novas oportunidades de emprego.
No foro levaranse a cabo unha serie de actividades formativas que incluirán un circuíto de obradoiros para a construción e o posicionamento online da nosa marca persoal e contará cunhas xornadas sobre os empregos emerxentes no eido da economía circular. Haberá, ademais, ata 10 puntos de orientación e asesoramento para a busca de emprego
0 Comentarios
O servizo de microblogging e rede social Twitter ofrécenos unha serie de interesantes posibilidades á hora de buscar ofertas de emprego, á marxe das que nos brinda con respecto ao desenvolvemento de nosa propia identidade dixital e marca persoal. Se nos cinguimos unicamente a dar resposta a como buscar (e atopar) ofertas de emprego en Twitter -e dando por certo que xa temos unha conta aberta nesta rede social-, dispoñemos de dúas sinxelas vías de actuación: a mera recepción de ofertas emitidas por determinadas contas especializadas no sector emprego e a busca avanzada que habilita Twitter, a cal nos servirá asemade para identificar aos emisores de ofertas. En relación á primeira vía, para a simple recepción de ofertas vía Twitter é necesario antes de nada levar a cabo unha busca daquelas contas que estean esencialmente destinadas -en todo ou nunha parte importante- á emisión de ofertas de emprego. Hai que considerar que as contas de Twitter teñen o seu propio ciclo de vida e, o mesmo que nacen e teñen o seu período máis ou menos amplo de actividade continuada, algunhas/moitas terminan suspendendo a súa actividade ao cabo de certo tempo. Interesaranos evidentemente distinguir entre elas as que estean actualizadas, descartando ou ben incluíndo noutra lista distinta aquelas inactivas, por se se dese a eventualidade dunha futura reactivación. Unha vez identificadas, poderemos seguilas e/ou engadilas a unha lista. Se nos limitamos a seguilas, tanto a inmediatez de Twitter como a súa permanente actualización provocarían que nun breve lapso de tempo perdésemos de vista eses tweets no TimeLine (secuencia temporal de tweets). Por iso resulta recomendable engadir esas contas de emprego a unha lista -(Imaxe1) sen que sexa extrictamente necesario facer follow previo-, co que conseguiremos, en definitiva, filtrar e poder así visionar exclusivamente os tweets daquelas incluídas. Algunhas contas de interese se buscas ofertas de emprego son...: |
No ámbito comunitario galego: |
A segunda vía é tan simple como empregar o formulario que nos proporciona Twitter (Imaxe2) para a realización dun filtrado co que poder obter, exclusivamente, aqueles tweets de maior proveito -sempre a expensas do noso acerto previo cubrindo os campos do formulario-. A procura avanzada de Twitter está dispoñible na seguinte ligazón: https://twitter.com/search-advanced. Con ela poderemos , por exemplo, efectuar un rastrexo usando unha ou varias palabras clave (por exemplo o nome dun lugar e/ou un perfil profesional), acoutar esa busca aos tweets dunha determinada conta, ou a un determinado rango de datas... Hai que ter en conta que estes filtrados tamén nos facilitarán a tarefa á hora de identificar contas ás que seguir e/ou incluír na(s) nosa(s) lista(s) de emprego.
Suxestións:
- Non deixes de explorar entre a marea de hashtags que tanto abundan no ámbito "twitteiro", sempre poderás achar algunha "xema". Así, por exemplo, a través da etiqueta #EURES poderás ter acceso a información e ofertas laborais procedentes de países de Europa.
- Consulta outras ferramentas para buscar ofertas de emprego en Twitter no artigo Como monitorizar ofertas de emprego en Twitter.
Non cabe dúbida algunha de que a irrupción da internet causou un profundo impacto nas nosas vidas, máxime por mor da difusión xeneralizada no uso dos dispositivos móbiles e as redes sociais. A nosa interacción coa rede no transcurso destes anos non deixou de xerar toda unha serie de pegadas dixitais persoais ademais de fendeduras na esfera da nosa privacidade susceptibles de poder chegar a causar algún tipo de prexuízo ou desvantaxe á nosa reputación online e, polo tanto, á nosa marca persoal. Por ese motivo a Unión Europea (UE) estableceu unha regulación específica sobre o dereito ao esquecemento na internet.
Tendo en conta, ademais, que os reclutadores non adoitan a empregar máis de 6 segundos en comprobar un currículo e que só o 4% dos mesmos non fan uso da internet para buscar información sobre os candidatos, antóllase nalgún momento recomendable e ata necesaria a tarefa de revisar todo aquilo (boletíns oficiais, foros, e en xeral calquera información persoal amparada polas liberdades de expresión ou de información) que poida ser susceptible de prexuízo para a nosa reputación online en aras de manter saneada a percepción que os demais poidan chegar a ter de nós e das nosas candidaturas.

Dende que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) fixese pública o 13 de maio de 2014 a sentenza (ver aquí) pola que os motores de busca na internet quedaban sometidos ás normas de protección de datos da UE, as persoas teñen dereito a solicitar, baixo certas condicións, que do resultado dunha busca realizada polo seu nome na internet non poidan obterse ligazóns aos seus datos persoais -polo menos a aqueles que non sexan do seu interese-. É o que se coñece como dereito ao esquecemento, o cal nos ampara á hora de impedir a difusión de información persoal a través de internet e máis en concreto a limitar a difusión universal e indiscriminada de datos persoais nos buscadores xerais cando a información é obsoleta ou xa non ten relevancia nin interese público, aínda que a súa publicación orixinal sexa lexítima.
Para exercelo, podendo facerse sen necesidade de acudir previamente á fonte orixinal, non temos máis que recorrer ao formulario habilitado polo buscador correspondente co cal obtivésemos o resultado que desexamos eliminar:
No caso de que a entidade non responda á petición realizada ou ben consideremos a súa resposta como inadecuada ou insuficiente, sempre poderemos requirir tutela á Axencia Española de Protección de Datos a través da seguinte ligazón: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formReclamacionDerechos/reclamacionDerechos.jsf

A efectos deste post, entenderase por boletín de emprego o documento emitido por unha entidade ou organismo que recolle con carácter periódico unha recompilación de ofertas de emprego. Aínda que nalgúns casos conservamos a opción de consultar as ofertas visitando a website de orixe (como, por exemplo, accedendo ao portal de emprego orixinario correspondente), noutros non é así ou mesmo veriámonos abocados á tarefa de facer provisión de todas as fontes. En canto se refire sobre todo ao ámbito laboral privado -e tamén público nalgúns dos boletíns- en Galicia, compre mencionar:
O boletín semanal (publícase cada venres) da Fundación Amigos de Galicia, entidade sen ánimo de lucro que axuda ás persoas en situación de carencia de recursos económicos. Accede a el aquí.
A Fundación Humanismo y Democracia, organización non gobernamental sen ánimo de lucro que traballa pola erradicación da pobreza no mundo, publica semanalmente un boletín de emprego que inclúe demanda de emprego privado, emprego público, bolsas e formación subvencionada. Podes visualizalos e descargalos aquí.
O boletín PonteEmprego do Proxecto ILES desenvolvido pola Concellaría de Promoción Económica do Concello de Pontevedra. Para acceder a el, preme aquí.
Dende a web do Concello de Sanxenxo bríndasenos a posibilidade de descargar en PDF, ademais do propio emitido por este concello, os boletíns de ofertas da Oficina de Emprego de Vilagarcía, da Oficina de Emprego de Cambados, da Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela, o da Confederación de Empresarios de Pontevedra e o da Confederación de Empresarios de Galicia, e tamén o boletín PonteEmprego do Concello de Pontevedra. Accede aquí.
Dende a web do Concello de Boimorto temos acceso (aquí) a un boletín de emprego e formación intermunicipal -Boimorto, Arzúa e Santiso-.
Na web da capital do Albariño http://www.cambados.es ofrécese a posibilidade de descargar periodicamente un PDF (aquí) con ofertas da comarca do Salnés.
A Axencia Local de Colocación, servizo dependente da Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, publica cada luns cunha periodicidade semanal ou seu propio boletín, podendo ser descargado en PDF dende aquí.
Co obxectivo de facilitar o acceso ao mercado laboral, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) ofrécelles aos demandantes de emprego un servizo de recollida e difusión das diferentes ofertas privadas de traballo publicadas na prensa cada semana, así como da oferta pública que sae diariamente nos diferentes diarios oficiais. Este boletín incorpora asemade a oferta formativa existente. Dende setembro deixou de publicarse como era costume aquí e agora pode ser solicitado enviando un e-mail a [email protected]
Searching Emprego tamén recompila semanalmente para demandantes de emprego en Galicia todas as ofertas que rastrexa a diario en distintos portais de emprego e metabuscadores, e que se difunden a través da súa conta en Twitter @SearchEmprego. As recompilacións pódense consultar tanto en documento PDF (aquí) como na plataforma de publicacións interactivas Calaméo (aquí). Está habilitada -nos dous casos- a posibilidade de facer buscas de ofertas de emprego por palabra clave.
LinkedIn defínese a si mesma como a maior rede profesional do mundo. Como tal podemos construír nela a nosa identidade profesional, manter contacto con compañeiros de traballo ademais da posibilidade de descubrir novas oportunidades profesionais e de negocio.
Rexistro
Agora ben, que puntos debemos ter en consideración á hora de estar presentes e optimizar o noso perfil en LinkdIn. En primeiro lugar rexistrarnos -se aínda non o fixemos- co noso nome, apelidos e un contrasinal ou servíndonos do noso acceso a Facebook para importar os nosos datos dende esa rede social ata LinkedIn.
Completar o perfil
Engadiremos unha foto de perfil -non sendo en absoluto nada recomendable deixar este campo sen cubrir-. Recoméndase unha foto actualizada, con boa definición, que nos identifique de ombreiros para arriba, e que transmita de nós algo máis que puro hieratismo.
O titular profesional (Imaxe 1) definiranos ante calquera sen necesidade de que visitasen o noso perfil. Ante calquera procura na que nós sexamos parte do resultado, as palabras que incluamos no titular son as que dirán do noso eido profesional antes que o resto de información relevante que engadísemos ao noso perfil de LinkedIn. Redundando na súa importancia, non obviemos que o noso titular profesional pode chegar a resultar unha invitación a que algún reclutador visite interesado o noso perfil.

En Información de contacto (Imaxe 2) engadiremos datos como o noso correo electrónico, teléfono, unha dirección que non necesariamente ten que plasmarse completa (podemos incluír só a nosa provincia de residencia, por exemplo), a nosa conta de Twitter e sitios web dos que sexamos responsables ou partícipes -indispensable o noso blogue profesional, dispoñendo del-.
Será fundamental tamén revisar e personalizar a URL do noso LinkedIn co noso nome e apelido(s) sen máis, a fin de situarnos axeitadamente nos distintos buscadores. Só temos que colocar o cursor sobre a nosa actual dirección URL e facer clic sobre a pequena icona indicada coa frecha (Imaxe 2) para acceder ao personalizador do perfil público e modificar dende aí (Imaxe 3).
Incluír un Extracto (Imaxe 4) resultará tanto máis útil e agradecido a ollos de quen o consulte canto máis extensa sexa a nosa experiencia e formación. Tédeo en conta.
En Experiencia engadiremos -ou, no seu caso, modificaremos sobre o xa engadido- información relativa aos traballos xunto cunha descrición dos labores levados a cabo e funcións desempeñadas nas nosas distintas etapas profesionais. A cada experiencia engadida pódeselle achegar un documento, unha foto, unha ligazón, un vídeo ou unha presentación que ilustre e complete máis sobre o incluído. Á hora de engadir cada unha das nosas experiencias, será o propio LinkedIn o que as ordene cronoloxicamente no noso perfil en base aos períodos seleccionados de principio e fin de cada uns dos traballos; se se trata dun actual, teremos que poñer o check en "Trabajo aquí actualmente". O mesmo aplícase para o apartado Educación no que incluiremos as nosas titulacións académicas. En Cursos engadiremos aqueles cursos, seminarios ou formacións das que podamos achegar algún certificado acreditativo, e en Idiomas aqueles nos que nos desenvolvamos indicando un grao de competencia (básico, profesional ou bilingüe/nativo).
Á hora de incluír as nosas "Aptitudes y validaciones", teñamos especial consideración en achegar aquelas que non sexan única e/ou exclusivamente (re)coñecidas a nivel privado senón que poidan ser así mesmo validadas por aquel@s a quen teñamos de contactos, dado que iso supoñerá tanto un recoñecemento por parte de quen nos coñece e/ou compartiron labores profesionais connosco como gañar credibilidade fronte a quen non nos coñece e descoñece a constatabilidad das nosas áreas de dominio. Importante: non confundir no eido de LinkedIn a validación de aptitudes coas recomendacións. A validación de aptitudes é o modo a través do cal os nosos contactos acreditan as nosas capacidades, mentres que unha recomendación é unha declaración escrita coa recomendación (valla a redundancia) dun contacto. Podedes solicitar unha picando en Perfil (barra do menú superior) e facendo clic a continuación na frecha descendente á beira de "Ver perfil como" (Imaxe 6). Un consello: non dubides da túa iniciativa á hora de validar as aptitudes dos teus contactos nin en corresponder cando eles validen as túas.
Podedes engadir en Información adicional datos persoais como data de nacemento ou estado civil e áreas que conformen o voso campo de "Intereses". Dispoñedes da posibilidade de completar o voso perfil incorporando seccións dende "Añade una sección a tu perfil (Ver más)" (Imaxe 4).
Unha vez completo, todas as seccións son distribuibles ao longo do noso perfil colocando o cursor sobre cada unha delas e picando con arrastre sobre a frecha de dobre punta á beira de "+Añadir" (Imaxe 5), podendo dar así preferencia de visibilidade á nosa Experiencia ou ao noso Extracto (sendo recomendable) por encima das demais na orde que consideremos en importancia (Educación, Cursos, Idiomas...).

Xa completei o meu Perfil... e agora que?
Agora que completamos o noso perfil, tócanos -ademais de estar- ser..., e ser implica estar activos. E estar activos en LinkedIn, leva, á súa vez, unha serie de consideracións como son:
-Buscar contactos
Aínda que LinkedIn brindounos xa a posibilidade de importar contactos nalgún momento determinado durante o proceso de rexistro, sempre poderemos incrementar a nosa base engadíndoos dende "Mi red – Buscar contactos" (barra do menú superior) e seleccionando algún arquivo (o formato debe ser .csv, .txt ou .vcf) ou aquelas contas activas de email que teñamos dende as que nos interese importalos (Imaxe 7). Á hora de engadir contactos, tamén podemos buscalos picando sobre o despregable de categorías do buscador situado no encabezado do noso LinkedIn (sinalado coa frecha na Imaxe 8), escollendo "Gente" e seleccionando a maiores criterios de procura como localización, sector, empresa actual ou anterior, etc. Cantos máis e máis relacionados estean co noso campo profesional, moito mellor.
-Buscar emprego
O buscador tamén nos será útil á hora de localizar empresas -non obvies que moitas delas están presentes en LinkedIn- e comprobar as súas ofertas laborais máis recentes, ademais de poder identificar e engadir contactos vinculados laboralmente a elas. Con carácter máis xenérico, podemos rastrexar ofertas de traballo picando en "Empleos" (Imaxe 8), co que se nos abrirá o buscador de empregos (Imaxe 9) no que dispoñeremos da opción de concretar e engadir un perfil profesional (hostalería ou marketing, por exemplo) e unha área xeográfica (A Coruña e arredores, por exemplo), sendo susceptibles de ser ordenados os resultados obtidos tanto por relavancia como por data de publicación. Tamén podemos crear unha alerta de emprego (Imaxe 10) e configurar tanto a súa frecuencia de recepción (diaria ou semanal) como a vía de aviso (correo electrónico ou notificación).
-Participar
Resulta moito máis que recomendable participar periodicamente en LinkedIn -co fin de gañar presenza e visibilidade e crear sinerxias profesionais- engadindo contidos -podendo ser compartidos exclusivamente cos nosos contactos ou destinalos ao público en xeral- (Imaxe 11) e buscando grupos -de novo accedendo ao despregable de categorías do buscador (Imaxe 8) seleccionando Grupos- acordes co noso perfil profesional nos que, tras solicitar unirnos, podamos participar compartindo e aprendendo nos diversos debates virtuais que poidan establecerse.
-Manter actualizado o perfil
Non importa canto de grande ou pequeno fose o teu novo logro: engádeo. Xa sexa unha nova experiencia, ou un novo curso, un proxecto, ou unha publicación, un recoñecemento ou un premio... Engádeo e mantén actualizado o teu perfil. Mantelo actualizado é o básico e primordial para estar activo en LinkedIn... E, en consecuencia, ser alguén na maior rede profesional do mundo.
CornerJob é unha ferramenta de busca de emprego orientada única e exclusivamente a dispositivos móbiles e que aspira a que @s candidat@s a unha oferta de emprego poidan coñecer se foron preseleccionad@s ou descartad@s nun prazo de 24 horas. A súa filosofía baséase en tres alicerces: xeolocalización, temporalidade, así como un espírito 100% de plataforma móbil.
Esta app creada baixo o paraugas de Antai Venture Builder, trata de responder ás necesidades concretas tanto de pemes, ETTs como de grandes empresas en canto a perfís de alta rotación se refire, procurando achegar axilidade ao proceso.
A app está dispoñible tanto para Android (descárgaa aquí) como para iOS (descárgaa aquí). Cunha interface amigable, unha vez descargada resulta moi sinxela de utilizar. O primeiro que teremos que acometer é completar o noso rexistro e crear un perfil o cal sempre poderemos editar posteriormente manténdoo actualizado: nome, apelidos, a nosa localización (a app por defecto tratará de xeolocalizar o noso emprazamento a tempo real, aínda que isto é susceptible de ser modificado manualmente), unha foto, data de nacemento, e xa centrándonos máis no que ao contido profesional do noso perfil se refire, a nosa experiencia; e nos seguintes tres módulos -completables con ata un máximo de 100 caracteres- información relativa aos nosos títulos académicos e cursos formativos, idiomas nos que nos desenvolvamos e, finalmente, un apartado destinado a completar coa información que prefiramos destacar acerca das nosas capacidades e aptitudes.

No apartado "Home" a app mostraranos, de forma un pouco desordenada iso si en canto á orde cronolóxica, as ofertas publicadas máis recentemente no radio de distancia máis próximo á nosa localización actual ou seleccionada, na súa falta, manualmente. Podemos filtrar os resultados que ofreza por defecto a app -tendo unicamente en consideración a nosa localización- engadindo un termo que discrimine e concrete a nosa busca ou ben pulsando na icona de filtro, co que accederemos a unha listaxe de sectores laborais dispoñibles para ser seleccionados e que nos poden servir de guía no filtrado. Unha vez nos apuntamos a unha oferta e a nosa candidatura é enviada con éxito, a empresa dispón de 24 horas para responder antes de que caduque. No apartado "Ofertas" veremos aquelas ofertas nas que nos apuntásemos e o estado da candidatura (se foi aceptada ou non). Coa condición de ser preseleccionados previamente, teremos a posibilidade de manter contacto coa empresa ofertante no apartado "Chat".
Mellorable aínda en certos aspectos como opcións de filtrado, certa desorde cronolóxica na presentación das ofertas, o compromiso dalgunhas empresas á hora de adaptarse á filosofía da app de acurtar prazos de resposta..., o certo é que CornerJob non deixa de ser benvida como nova ferramenta a engadir á nosa busca de emprego tendo en conta a súa sinxeleza e que non nos esixirá nada máis aló dos 5 minutos iniciais de rexistro e edición do noso perfil. O tempo e o seu desenvolvemento ditaminarán se merece chegar á consideración de app de busca de emprego "top".
Os días 15 e 16 de xuño terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela o Foro da Innovación no Emprego 2016 . O programa de actividades estará agrupado en oito bloques:
Máis info: http://axencialocaldecolocacion.org/foco-emprego-2015/presentacion
- PRESENTA, CONVENCE, CONQUISTA. Previa inscrición farase unha selección de 60 persoas que poderán facer a súa presentación no FIE, diante de: empresarios, prescriptores e expertos en recursos humanos de diferentes empresas interesadas.
- SERVIZOS DE EMPREGO. Asesoramento e información dos recursos e programas desenvolvidos polos Concellos da área metropolitana de Santiago.
- FALAMOS DE INNOVACIÓN NO ÁMBITO LOCAL. Xornadas técnicas onde empresarios e funcionarios dos servizos públicos de emprego abordarán os principais retos, obstáculos e oportunidades que ten o mercado de traballo da área metropolitana de Santiago co obxectivo de reunir ideas para a innovación local e a creación de novas estratexias de emprego.
- A túa MARCA DIXITAL e FERRAMENTAS 2.0. Levaranse a cabo unha serie de talleres nos que os participantes poderán coñecer as distintas ferramentas para o posicionamento da súa marca na internet e profundar no manexo de portais de emprego e ferramentas 2.0 para a procura de emprego. Inscricións: http://bit.ly/1OhWLQW e http://bit.ly/1rhXXIS.
- CONCURSO INDEA. Ábrese a convocatoria do Concurso de Ideas Innovadoras para o Emprego dotado con 2 premios de 10.000 € para a implementación dos proxectos gañadores.
- FORMACIÓN. Dinámicas e actividades formativas multidisciplinares para a mellora do perfil profesional dos participantes e a procura de emprego.
- OFERTAS DE EMPREGO. No foro realizaranse parte dos procesos de selección das ofertas de emprego xestionadas entre o 18 de maio e o 12 de xuño de 2016: http://bit.ly/WW442v.
Máis info: http://axencialocaldecolocacion.org/foco-emprego-2015/presentacion
Os días 5 e 6 de novembro -xoves 5 de 9.30 a 20.00 horas e venres de 9.30 a 14.00 horas- desenvolverase en Santiago de Compostela, no Pazo de Congresos e Exposicións, o I Foro Colaborativo polo Emprego (FOCO 2015). O obxectivo do FOCO 2015 é o de facilitar o coñecemento do mercado laboral, fomentar as sinerxías entre empresas e entidades relacionadas co emprego, así como desenvolver accións de formación e intermediación laboral que favorezan as posibilidades de inserción das persoas desempregadas. Entre as actividades que se levarán a cabo cabe sinalar:
- Xestión de ofertas de emprego. Entre o 1 de outubro e o 3 de novembro realizaranse tarefas de intermediación laboral e xestión de ofertas, desenvolvéndose algún dos procesos de selección no propio Foro. Pódense consultar os procesos abertos de selección de persoal aquí.
- Encontros con empresas para a selección de talento. No Foro realizaranse encontros/entrevistas personalizadas con empresas interesadas en preseleccionar candidatos/as para próximas contratacións.
- Envío de currículums en formato dixital a ofertas e portais de emprego. No FOCO haberá unha zona de terminais para que as persoas asistentes poidan enviar online os seus currículums a máis de 40 de empresas.
- Mesas participativas no marco do Pacto Local polo Emprego. O programa inclúe 17 mesas temáticas estruturadas en tres grandes áreas: empregabilidade: empresa e economía social; e cidadania e desenvolvemento. As mesas terán un carácter participativo, contando coa presenza de expertos na materia en cada unha delas.
- Actividades formativas. O programa formativo pretende axudar aos participantes a aumentar as súas competencias e cualificacións profesionais e informalos sobre os recursos e as ferramentas máis útiles na busca de emprego.
- Presentacións e stands de empresas. Divesas empresas realizarán presentacións e atenderán ás persoas asistentes, contando cunha presenza destacada de empresas situadas no ámbito da economía social e a promoción do emprego.
* Máis info: http://axencialocaldecolocacion.org/
As empresas de traballo temporal (ETTs) son aquelas que teñen como actividade principal a de ceder a outras empresas usuarias, con carácter temporal e a través dun contrato de posta a disposición, a persoas traballadoras contratadas para tal fin. No seu caso, tamén poden levar a cabo actividades formativas para a cualificación profesional, de asesoramento ou consultoría de recursos humanos. Cando un traballador é contratado por unha ETT, percibe desta o salario e os complementos que lle corresponden segundo o establecido no convenio colectivo aplicable na empresa usuaria, non podendo aplicarse dedución algunha, salvo as establecidas pola Lei. Corresponde así mesmo á propia ETT ofrecer información adecuada en atención ao posto que o traballador vaia a desempeñar, cumprir os deberes coa Seguridade Social, cubrir os gastos derivados da selección, contratación ou formación, e pagar a indemnización polo fin do traballo temporal.
Pódense consultar as ETTs (xunto coas súas webs nas que poder rexistrar o noso CV e ligazóns a ofertas de emprego publicadas por elas) e delegacións das mesmas situadas en distintas localidades da xeografía galega en www.portalett.com.

Con máis de 10 millóns de descargas a app do metabuscador Indeed é, sen dúbida, unha das mellores opcións á hora de ter automatizadas e actualizadas as ofertas de emprego do noso interese tanto en móbiles como en tabletas.
Unha vez descargada a app, é moi recomendable que nos rexistremos cun e-mail no cal poderemos ir recibindo automática e puntualmente aquelas novas ofertas resultado dos criterios establecidos con carácter previo nas buscas feitas. Así, clicando en “Nueva búsqueda” introduciremos a palabra clave, título ou empresa obxecto de rastrexo así como a localidade da nosa preferencia. Seguidamente picaremos en “Buscar ofertas”, podendo escoller entre todas ou as de máis recente publicación. Os resultados obtidos tamén poden ser filtrados a través do botón “Filtrar”, co que obteremos unha clasificación por data ou relevancia, podendo establecerse un radio de distancia en quilómetros respecto da localidade fixada anteriormente na busca, así como restrinxir o resultado só a aqueles empregos postulables dende o noso dispositivo móbil (sendo para iso indispensable introducir o noso currículo completo e actualizado no apartado “Mi currículum” do menú principal). Feita así a busca, picando en “Envíenme nuevos empleos” recibiremos as novas ofertas que se vaian publicando no e-mail que indiquemos. Engadir que unha vez recibidas no noso correo, dispoñemos da posibilidade de modificar a alerta en cuestión (incluíndo a frecuencia de envío), así como cancelala.
Finalmente, todas as buscas que efectuásemos quedarán á nosa disposición permanentemente actualizadas con novos resultados para a súa consulta na pantalla de inicio baixo o título “Búsquedas recientes”, podendo ser eliminadas aquelas que non desexemos conservar tras facer clic no botón "Editar", seleccionado aquelas que xa non interesen e, ao final da listaxe, clicando en “Borrar selección”.
No apartado “Mis empleos” do menú principal, poderemos levar control da nosa actividade na app: consultar as ofertas visitadas, as que ademais de visitadas fosen gardadas, aquelas ás que nos postularamos enviando o CV, e aquelas nas que nos entrevistaran ademais das posibles ofertas de contratación.

- Descargable para o sistema operativo Android na seguinte ligazón: http://bit.ly/1LEFiu3
- Descargable para o sistema operativo iOS na seguinte ligazón: http://apple.co/1jknU7R
Autor do blog:
Arquivos:
Mayo 2017
Abril 2017
Marzo 2017
Octubre 2016
Julio 2016
Junio 2016
Octubre 2015
Junio 2015
Mayo 2015
Septiembre 2014
Octubre 2013
Categorías:
Todos
App
Boletíns
CV 2.0
Emprego
ETT
Facebook
Galicia
Internet
LinkedIn
Taboleiros De Anuncios
Twitter