Folga dicir que os taboleiros de anuncios non son alleos á oferta e demanda de emprego. Pois ben, velaquí os máis destacados actualmente no que ao ámbito do mercado laboral se refire:
Un taboleiro de anuncios é un lugar destinado á publicación de mensaxes xa sexan estas referidas a avisos de compra-venda, difusión de eventos, prestación ou demanda de servizos varios, etc. Internet serviu neste sentido como complemento e/ou alternativa tanto aos tradicionais taboleiros físicos como aos anuncios clasificados en medios imprimidos, logrando unha maior confluencia, mellor clasificación así como unha enorme ampliación no rango de alcance das mensaxes. Folga dicir que os taboleiros de anuncios non son alleos á oferta e demanda de emprego. Pois ben, velaquí os máis destacados actualmente no que ao ámbito do mercado laboral se refire: Milanuncios.com. Sen dúbida o taboleiro máis prolífico con diferenza de todos, permítenos facer un filtrado seleccionando campos profesionais, ámbito xeográfico (tanto por comunidade autónoma coma por provincias), ofertas e/ou demandas, e data de publicación dos anuncios. Tablón de Anuncios. Taboleiro con ofertas de emprego que nos permite filtrar por campos profesionais (incluíndo a posibilidade de seleccionar traballos sen cualificación, autónomos e freelance, a tempo parcial, traballo en prácticas, teletraballo...), e por provincias ademais de por localidades. Segundamano. Taboleiro no que, antes de nada, deberemos de escoller no campo de "categorías" a de "traballo e formación" e seguidamente a provincia, cidade ou, concretando aínda máis, o código postal. No seu defecto, dispoñemos da posibilidade de seleccionar no mapa a provincia da nosa preferencia e posteriormente "traballo e formación" en "categorías".
0 Comentarios
Sendo Facebook a rede social máis popular en España (utilizada por 9 de cada 10 españois que teñen Internet), como podemos beneficiarnos da súa celebridade á hora de buscar emprego? Aínda que proliferan os que propugnan o uso desta rede social como plataforma para dar difusión ao noso perfil, ampliar a nosa rede de contactos e que as nosas habilidades e aptitudes gañen así visibilidade, certo é que esta práctica non está exenta de riscos quizais innecesarios. Unha sobreexposición en Facebook obríganos necesariamente a estar moi pendentes da configuración da privacidade do noso perfil co fin de evitar primeiras impresións contrarias aos nosos intereses. Podedes consultar o artigo "10 consejos para configurar tu privacidad en Facebook" de ComputerHoy.com. Á marxe da promoción do noso perfil particular con todos os seus proles e contras, Facebook ofrece a posibilidade de sondar ofertas laborais a través tanto de Grupos coma de Fanpages. Velaquí unha selección feita no ámbito laboral da comunidade galega, sendo todas elas a día de hoxe fontes de consulta activas e actualizadas regularmente: Empleo Galicia. Fanpage con noticias e ofertas de emprego. Á parte das ofertas publicadas no Muro, consultar tamén na marxe esquerda facendo click sobre "PUBLICACIONES DE LA PÁGINA". A continuación abrirase unha ventá na cal poderemos facer a consulta do listado baixando co scroll e facendo click en "ver más historias". Ofertas y demandas de empleo, Galicia. Fanpage cun muro desactualizado. Neste caso, consultar necesariamente as ofertas publicadas na marxe esquerda facendo click sobre "PUBLICACIONES DE LA PÁGINA". A continuación abrirase unha ventá na cal poderemos facer a consulta do listado baixando co scroll e facendo click en "ver más historias". Galicia Empleo. Grupo aberto para quen desexe compartir ofertas de traballo en Galicia así coma outras actividades relacionadas: talleres de emprego, de orientación laboral, cursos e xornadas... Galicia Valle de Empleo. Grupo pechado. Proxecto aberto a colaboracións con información sobre ofertas de emprego en Galicia, cursos para traballadores e desempregados, orientación laboral... Ofertas de trabajo en Galicia. Grupo público con ofertas de emprego no ámbito galego publicadas tanto por pequenos empresarios coma por colaboradores. Se busca... Grupo público con ofertas de emprego publicadas polos colaboradores deste. "Monitorizar" é posiblemente a vía máis efectiva á hora de localizar en tempo real aquelas ofertas laborais en Twitter que mellor encaixen co noso perfil profesional. Sen necesidade previa de ter sido "seguidores" de determinadas contas nin de telas incluído en ningunha lista que creásemos, e sen a dependencia de retweets nin de mencións alleas para poder acceder a ofertas do noso potencial interese, poderemos así velas nun TL (timeline) depurado. O que estaremos a facer será, basicamente, introducir na ferramenta de monitorización un ou varios nomes, palabras ou hashtags que axustarán a busca na "rede social dos 140 carácteres", filtrando unicamente aqueles tweets que conteñan o/os termo(s) introducido(s) previamente, e obtendo así unha concreción moi útil ademais dun valioso aforro de tempo. Para a monitorización propoño catro ferramentas: Twazzup, Twitonomy, TweetDeck e Hootsuite. As catro cumpren satisfactoriamente coa tarefa encomendada. Twazzup é realmente sinxela de manexar. Unha vez accedamos a ela vía Twitter, non nos quedará outra que introducir as palabras clave polas que se rexerá a busca. En "Preferences" escolleremos o idioma "Spanish (español)". Sobra dicir que nin necesaria nin exclusivamente todos os tweets resultantes han de conter ofertas de traballo. Twitonomy pola súa banda é unha ferramenta que vai moito máis aló da mera monitorización de contas persoais e/ou por termos clave, sendo de aplicación no que aquí nos compete o mesmo procedemento que para Twazzup. Non obstante, Twitonomy goza da vantaxe de poder crear múltiples módulos de monitorización -facendo click en "Add a keyword search"- e poder situalos e redistribuílos ao noso antollo -facendo click no módulo e, sen soltar, arrastrar- no espazo asignado do noso taboleiro (Dashboard). A plataforma multifunción TweetDeck ofrece a posibilidade, entre outras, de engadir varias columnas "Search" de monitorización á súa interface, podendo á súa vez acoutarse os criterios iniciais de busca a tweets que vaian acompañados de links, excluír aqueles que conteñan un determinado termo, ou descartar os retweets (o cal aportará uns resultados libres de reiteracións innecesarias). Finalmente, na aplicación multixestora de redes sociais Hootsuit -de forma moi similar a TweetDeck- tamén dispoñemos da posibilidade de engadir e reordenar columnas de "Búsqueda". Reiterar unha vez máis que non necesariamente todos os tweets resultantes han de conter ofertas de traballo. Fundamental: ser precisos e acertar nas palabras clave. Importante: non deixar de facer varias probas. Máis alá das oportunidades laborais que poidamos encontrar nos portais de emprego nos que por separado esteamos rexistrados -aínda sendo naqueles máis importantes- e tendo en conta, ademais, que é máis que probable que non o esteamos en todos eles, non é de obviar a posibilidade de que poida chegar a publicarse eventualmente algunha oferta de potencial interese alén do perímetro de alcance da nosa actual busca. Por iso pode resultar certamente útil o emprego de metabuscadores, os cales consideraremos como motores de busca carentes de base de datos propia e que levan a cabo o seu labor recorrendo ás doutros. Simplificando: un metabuscador é un buscador de buscadores.
Hoxe en día existen metabuscadores adscritos a sectores varios, gozando certamente algún deles de bastante popularidade -debido en boa medida á súa difusión publicitaria no medio televisivo- en ámbitos como o dos seguros ou as reservas hoteleiras. No concernente ao laboral, poden ser do noso interese entre outros: Opcionempleo - http://www.opcionempleo.com/ Indeed - http://www.indeed.es/ Trabajorapido - http://www.trabajorapido.org/ Buscojobs - http://www.buscojobs.es/ Metaempleo - http://www.metaempleo.com/ JobTonic - http://www.jobtonic.es/ Trovit - http://empleo.trovit.es/ 123trabajo - http://www.123trabajo.com/ Se es demandante de emprego, InfoJobs como portal de emprego con maior tráfico en España é de obrigada referencia. Fundado en 1998 por Nacho González-Barros para dar resposta nun principio ás necesidades de recrutamento das "puntocom" e distinguido por nominacións e galardóns varios (Best Workplace, Premio Seres, Premio PYMES 2007...), presta hoxe os seus servizos a todo tipo de profesionais e empresas. É requisito fundamental como demandante de emprego que te rexistres co fin de que poidas publicar e manter actualizado o teu currículo -dispós da posibilidade de activalo de forma pública para que poida ser encontrado polo motor de busca de Google e ser compartido a través de Facebook e Twitter-, ademais de habilitar así a posibilidade de inscribirte nas ofertas laborais do teu interese. Unha vez completado o teu perfil laboral, xa estás en disposición de facer unha busca activa no portal facendo click en "Empleo" e especificando tanto o sector ou actividade coma o ámbito xeográfico. Se achas algo que se axuste ao teu perfil no conxunto de resultados obtidos, fai click na oferta para poder visualizar con maior detalle tanto a descrición coma os requisitos desta e, se así o decides, inscríbete facendo click en "Inscribirme a esta oferta"; a partir dese momento, poderás informarte do estado da túa candidatura no apartado "Candidaturas". InfoJobs tamén pon á túa disposición a posibilidade de crear un conxunto de alertas baseadas nas túas buscas, o cal facilita a tarefa de rastrexo no portal automatizando este e derivando ao teu correo electrónico ou ao teu lector de RSS ou "feeds" as novas ofertas laborais que vaian publicándose de acordo aos criterios de busca seleccionados previamente. A finais de xuño do presente ano a Cámara de Comercio de Santiago presentou de forma oficial o seu propio portal de emprego orientado á dinamización do emprego por conta allea. Un novo lugar de encontro -aínda en fase xerminal e non exenta dalgún entorpecedor "bug" informático- no que os demandantes de emprego poderán rexistrarse para incorporar o seu currículo e as empresas interesadas publicar as súas ofertas coa opción de que a Cámara de Comercio leve a cabo tanto o filtrado curricular coma o proceso de selección. Pódese acceder ao portal a través da seguinte ligazón: http://empleocamaracompostela.com/
Este último verán saíu á luz unha app que ten como obxectivo ampliar o acceso aos servizos ofrecidos polo Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) aos smartphones. Ás funcionalidades que cobre a aplicación son:
Iso si, se queres utilizar o MOBEM necesitas estar previamente inscrito no SPEG como demandante de emprego e ter a túa demanda en situación de alta administrativa. De non ser así, debe de facerse persoalmente na oficina de emprego que corresponde ao teu domicilio de residencia. Unha vez inscrito, necesitarás un identificador de usuario e un contrasinal de acceso que se poderá conseguir na devandita oficina, sendo os mesmos que se utilizan para acceder á oficina virtual do portal de emprego do SPEG. Esta app pódese descargar para iOS, Android, Blackberry e terminais con Windows. Tod@ aquel/a que teña como obxectivo a realizar a busca activa de traballo utilizando internet como medio, debe ter sempre presentes os principais portais de emprego e as posibilidades que estes ofrecen como vía primaria de rastrexo. Para empezar, podemos definir de forma elemental un portal de emprego como aquel website dedicado a servir de lugar de encontro entre a oferta e a demanda laboral. Unha vez neles, os demandantes terán acceso de forma gratuíta ás ofertas en curso coa posibilidade de filtralas segundo criterios que o portal poña a disposición do usuario, e podendo, en caso de que así o decidisen, presentar a súa candidatura a través do envío do correspondente currículo. Os portais de emprego ofrecen ademais a posibilidade de subscribirse ao seu sistema de alertas, ben sexa vía correo electrónico ou vía RSS, o cal facilita o labor de busca a través da recepción daquelas -e só aquelas- ofertas que máis se axustan ao noso perfil particular.
Pero antes de ver o paso a paso cun exemplo práctico nun próximo post, vexamos cales son algúns dos principais portais de emprego a nivel nacional: InfoJobs - http://www.infojobs.net/ (o portal máis recorrido). Infoempleo - http://www.infoempleo.com/ Laboris - http://www.laboris.net/ Primerempleo - http://www.primerempleo.com/index.asp (enfocado cara a estudantes e titulados sen experiencia). Encuentraempleomayoresde50- http://www.encuentraempleomayoresde50.org/ (dirixido a profesionais maiores de 50 anos). Portalparados - http://empleo.portalparados.es/ Workea - http://www.workea.net/ Quieroempleo - http://www.quieroempleo.com/ (rede de emprego das Cámaras de Comercio). Trabajando - http://www.trabajando.es/ ElPaís/monster - http://buscartrabajo.empleo.monster.es/trabajos/ Jobssy - https://jobssy.com/es/candidates Aquihaytrabajo - http://aquihaytrabajo.rtve.es/ (portal de emprego do programa televisivo "Aquí hay trabajo"). |
Autor do blog:Arquivos:
Mayo 2017
Categorías:
Todos
|