Sendo Facebook a rede social máis popular en España (utilizada por 9 de cada 10 españois que teñen Internet), como podemos beneficiarnos da súa celebridade á hora de buscar emprego? Aínda que proliferan os que propugnan o uso desta rede social como plataforma para dar difusión ao noso perfil, ampliar a nosa rede de contactos e que as nosas habilidades e aptitudes gañen así visibilidade, certo é que esta práctica non está exenta de riscos quizais innecesarios. Unha sobreexposición en Facebook obríganos necesariamente a estar moi pendentes da configuración da privacidade do noso perfil co fin de evitar primeiras impresións contrarias aos nosos intereses. Podedes consultar o artigo "10 consejos para configurar tu privacidad en Facebook" de . ComputerHoy.com
Á marxe da promoción do noso perfil particular con todos os seus proles e contras, Facebook ofrece a posibilidade de sondar ofertas laborais a través tanto de Grupos coma de Fanpages. Velaquí unha selección feita no ámbito laboral da comunidade galega, sendo todas elas a día de hoxe fontes de consulta activas e actualizadas regularmente:
Á marxe da promoción do noso perfil particular con todos os seus proles e contras, Facebook ofrece a posibilidade de sondar ofertas laborais a través tanto de Grupos coma de Fanpages. Velaquí unha selección feita no ámbito laboral da comunidade galega, sendo todas elas a día de hoxe fontes de consulta activas e actualizadas regularmente:
Empleo Galicia. Fanpage con noticias e ofertas de emprego. Á parte das ofertas publicadas no Muro, consultar tamén na marxe esquerda facendo click sobre "PUBLICACIONES DE LA PÁGINA". A continuación abrirase unha ventá na cal poderemos facer a consulta do listado baixando co scroll e facendo click en "ver más historias".
Ofertas y demandas de empleo, Galicia. Fanpage cun muro desactualizado. Neste caso, consultar necesariamente as ofertas publicadas na marxe esquerda facendo click sobre "PUBLICACIONES DE LA PÁGINA". A continuación abrirase unha ventá na cal poderemos facer a consulta do listado baixando co scroll e facendo click en "ver más historias".
Galicia Empleo. Grupo aberto para quen desexe compartir ofertas de traballo en Galicia así coma outras actividades relacionadas: talleres de emprego, de orientación laboral, cursos e xornadas...
Galicia Valle de Empleo. Grupo pechado. Proxecto aberto a colaboracións con información sobre ofertas de emprego en Galicia, cursos para traballadores e desempregados, orientación laboral...
Ofertas de trabajo en Galicia. Grupo público con ofertas de emprego no ámbito galego publicadas tanto por pequenos empresarios coma por colaboradores.
Se busca... Grupo público con ofertas de emprego publicadas polos colaboradores deste.