No foro levaranse a cabo unha serie de actividades formativas que incluirán un circuíto de obradoiros para a construción e o posicionamento online da nosa marca persoal e contará cunhas xornadas sobre os empregos emerxentes no eido da economía circular. Haberá, ademais, ata 10 puntos de orientación e asesoramento para a busca de emprego
Volve un ano máis -días 11 e 12 de maio- o Foro da Innovación no Emprego (FIE) ao Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. Na actual edición, o foro orbitará en torno ao modelo que nos propón a economía circular (reusar, reparar e reciclar) fronte ao modelo económico lineal (producir, utilizar e refugar). Dentro dun marco estratéxico de ámbito europeo, o foro achegará unha visión xeral da economía circular e abordará o papel a desempeñar polos diferentes axentes implicados (entre eles as entidades locais) á hora de facilitar unha transición cara a ese modelo económico e, colateralmente, de promover novas oportunidades de emprego.
No foro levaranse a cabo unha serie de actividades formativas que incluirán un circuíto de obradoiros para a construción e o posicionamento online da nosa marca persoal e contará cunhas xornadas sobre os empregos emerxentes no eido da economía circular. Haberá, ademais, ata 10 puntos de orientación e asesoramento para a busca de emprego
0 Comentarios
O servizo de microblogging e rede social Twitter ofrécenos unha serie de interesantes posibilidades á hora de buscar ofertas de emprego, á marxe das que nos brinda con respecto ao desenvolvemento de nosa propia identidade dixital e marca persoal. Se nos cinguimos unicamente a dar resposta a como buscar (e atopar) ofertas de emprego en Twitter -e dando por certo que xa temos unha conta aberta nesta rede social-, dispoñemos de dúas sinxelas vías de actuación: a mera recepción de ofertas emitidas por determinadas contas especializadas no sector emprego e a busca avanzada que habilita Twitter, a cal nos servirá asemade para identificar aos emisores de ofertas. En relación á primeira vía, para a simple recepción de ofertas vía Twitter é necesario antes de nada levar a cabo unha busca daquelas contas que estean esencialmente destinadas -en todo ou nunha parte importante- á emisión de ofertas de emprego. Hai que considerar que as contas de Twitter teñen o seu propio ciclo de vida e, o mesmo que nacen e teñen o seu período máis ou menos amplo de actividade continuada, algunhas/moitas terminan suspendendo a súa actividade ao cabo de certo tempo. Interesaranos evidentemente distinguir entre elas as que estean actualizadas, descartando ou ben incluíndo noutra lista distinta aquelas inactivas, por se se dese a eventualidade dunha futura reactivación. Unha vez identificadas, poderemos seguilas e/ou engadilas a unha lista. Se nos limitamos a seguilas, tanto a inmediatez de Twitter como a súa permanente actualización provocarían que nun breve lapso de tempo perdésemos de vista eses tweets no TimeLine (secuencia temporal de tweets). Por iso resulta recomendable engadir esas contas de emprego a unha lista -(Imaxe1) sen que sexa extrictamente necesario facer follow previo-, co que conseguiremos, en definitiva, filtrar e poder así visionar exclusivamente os tweets daquelas incluídas. Algunhas contas de interese se buscas ofertas de emprego son...: |
No ámbito comunitario galego: |
A segunda vía é tan simple como empregar o formulario que nos proporciona Twitter (Imaxe2) para a realización dun filtrado co que poder obter, exclusivamente, aqueles tweets de maior proveito -sempre a expensas do noso acerto previo cubrindo os campos do formulario-. A procura avanzada de Twitter está dispoñible na seguinte ligazón: https://twitter.com/search-advanced. Con ela poderemos , por exemplo, efectuar un rastrexo usando unha ou varias palabras clave (por exemplo o nome dun lugar e/ou un perfil profesional), acoutar esa busca aos tweets dunha determinada conta, ou a un determinado rango de datas... Hai que ter en conta que estes filtrados tamén nos facilitarán a tarefa á hora de identificar contas ás que seguir e/ou incluír na(s) nosa(s) lista(s) de emprego.
Suxestións:
- Non deixes de explorar entre a marea de hashtags que tanto abundan no ámbito "twitteiro", sempre poderás achar algunha "xema". Así, por exemplo, a través da etiqueta #EURES poderás ter acceso a información e ofertas laborais procedentes de países de Europa.
- Consulta outras ferramentas para buscar ofertas de emprego en Twitter no artigo Como monitorizar ofertas de emprego en Twitter.
A efectos deste post, entenderase por boletín de emprego o documento emitido por unha entidade ou organismo que recolle con carácter periódico unha recompilación de ofertas de emprego. Aínda que nalgúns casos conservamos a opción de consultar as ofertas visitando a website de orixe (como, por exemplo, accedendo ao portal de emprego orixinario correspondente), noutros non é así ou mesmo veriámonos abocados á tarefa de facer provisión de todas as fontes. En canto se refire sobre todo ao ámbito laboral privado -e tamén público nalgúns dos boletíns- en Galicia, compre mencionar:
O boletín semanal (publícase cada venres) da Fundación Amigos de Galicia, entidade sen ánimo de lucro que axuda ás persoas en situación de carencia de recursos económicos. Accede a el aquí.
A Fundación Humanismo y Democracia, organización non gobernamental sen ánimo de lucro que traballa pola erradicación da pobreza no mundo, publica semanalmente un boletín de emprego que inclúe demanda de emprego privado, emprego público, bolsas e formación subvencionada. Podes visualizalos e descargalos aquí.
O boletín PonteEmprego do Proxecto ILES desenvolvido pola Concellaría de Promoción Económica do Concello de Pontevedra. Para acceder a el, preme aquí.
Dende a web do Concello de Sanxenxo bríndasenos a posibilidade de descargar en PDF, ademais do propio emitido por este concello, os boletíns de ofertas da Oficina de Emprego de Vilagarcía, da Oficina de Emprego de Cambados, da Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela, o da Confederación de Empresarios de Pontevedra e o da Confederación de Empresarios de Galicia, e tamén o boletín PonteEmprego do Concello de Pontevedra. Accede aquí.
Dende a web do Concello de Boimorto temos acceso (aquí) a un boletín de emprego e formación intermunicipal -Boimorto, Arzúa e Santiso-.
Na web da capital do Albariño http://www.cambados.es ofrécese a posibilidade de descargar periodicamente un PDF (aquí) con ofertas da comarca do Salnés.
A Axencia Local de Colocación, servizo dependente da Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, publica cada luns cunha periodicidade semanal ou seu propio boletín, podendo ser descargado en PDF dende aquí.
Co obxectivo de facilitar o acceso ao mercado laboral, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) ofrécelles aos demandantes de emprego un servizo de recollida e difusión das diferentes ofertas privadas de traballo publicadas na prensa cada semana, así como da oferta pública que sae diariamente nos diferentes diarios oficiais. Este boletín incorpora asemade a oferta formativa existente. Dende setembro deixou de publicarse como era costume aquí e agora pode ser solicitado enviando un e-mail a [email protected]
Searching Emprego tamén recompila semanalmente para demandantes de emprego en Galicia todas as ofertas que rastrexa a diario en distintos portais de emprego e metabuscadores, e que se difunden a través da súa conta en Twitter @SearchEmprego. As recompilacións pódense consultar tanto en documento PDF (aquí) como na plataforma de publicacións interactivas Calaméo (aquí). Está habilitada -nos dous casos- a posibilidade de facer buscas de ofertas de emprego por palabra clave.
Os días 15 e 16 de xuño terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela o Foro da Innovación no Emprego 2016 . O programa de actividades estará agrupado en oito bloques:
Máis info: http://axencialocaldecolocacion.org/foco-emprego-2015/presentacion
- PRESENTA, CONVENCE, CONQUISTA. Previa inscrición farase unha selección de 60 persoas que poderán facer a súa presentación no FIE, diante de: empresarios, prescriptores e expertos en recursos humanos de diferentes empresas interesadas.
- SERVIZOS DE EMPREGO. Asesoramento e información dos recursos e programas desenvolvidos polos Concellos da área metropolitana de Santiago.
- FALAMOS DE INNOVACIÓN NO ÁMBITO LOCAL. Xornadas técnicas onde empresarios e funcionarios dos servizos públicos de emprego abordarán os principais retos, obstáculos e oportunidades que ten o mercado de traballo da área metropolitana de Santiago co obxectivo de reunir ideas para a innovación local e a creación de novas estratexias de emprego.
- A túa MARCA DIXITAL e FERRAMENTAS 2.0. Levaranse a cabo unha serie de talleres nos que os participantes poderán coñecer as distintas ferramentas para o posicionamento da súa marca na internet e profundar no manexo de portais de emprego e ferramentas 2.0 para a procura de emprego. Inscricións: http://bit.ly/1OhWLQW e http://bit.ly/1rhXXIS.
- CONCURSO INDEA. Ábrese a convocatoria do Concurso de Ideas Innovadoras para o Emprego dotado con 2 premios de 10.000 € para a implementación dos proxectos gañadores.
- FORMACIÓN. Dinámicas e actividades formativas multidisciplinares para a mellora do perfil profesional dos participantes e a procura de emprego.
- OFERTAS DE EMPREGO. No foro realizaranse parte dos procesos de selección das ofertas de emprego xestionadas entre o 18 de maio e o 12 de xuño de 2016: http://bit.ly/WW442v.
Máis info: http://axencialocaldecolocacion.org/foco-emprego-2015/presentacion
Os días 5 e 6 de novembro -xoves 5 de 9.30 a 20.00 horas e venres de 9.30 a 14.00 horas- desenvolverase en Santiago de Compostela, no Pazo de Congresos e Exposicións, o I Foro Colaborativo polo Emprego (FOCO 2015). O obxectivo do FOCO 2015 é o de facilitar o coñecemento do mercado laboral, fomentar as sinerxías entre empresas e entidades relacionadas co emprego, así como desenvolver accións de formación e intermediación laboral que favorezan as posibilidades de inserción das persoas desempregadas. Entre as actividades que se levarán a cabo cabe sinalar:
- Xestión de ofertas de emprego. Entre o 1 de outubro e o 3 de novembro realizaranse tarefas de intermediación laboral e xestión de ofertas, desenvolvéndose algún dos procesos de selección no propio Foro. Pódense consultar os procesos abertos de selección de persoal aquí.
- Encontros con empresas para a selección de talento. No Foro realizaranse encontros/entrevistas personalizadas con empresas interesadas en preseleccionar candidatos/as para próximas contratacións.
- Envío de currículums en formato dixital a ofertas e portais de emprego. No FOCO haberá unha zona de terminais para que as persoas asistentes poidan enviar online os seus currículums a máis de 40 de empresas.
- Mesas participativas no marco do Pacto Local polo Emprego. O programa inclúe 17 mesas temáticas estruturadas en tres grandes áreas: empregabilidade: empresa e economía social; e cidadania e desenvolvemento. As mesas terán un carácter participativo, contando coa presenza de expertos na materia en cada unha delas.
- Actividades formativas. O programa formativo pretende axudar aos participantes a aumentar as súas competencias e cualificacións profesionais e informalos sobre os recursos e as ferramentas máis útiles na busca de emprego.
- Presentacións e stands de empresas. Divesas empresas realizarán presentacións e atenderán ás persoas asistentes, contando cunha presenza destacada de empresas situadas no ámbito da economía social e a promoción do emprego.
* Máis info: http://axencialocaldecolocacion.org/
As empresas de traballo temporal (ETTs) son aquelas que teñen como actividade principal a de ceder a outras empresas usuarias, con carácter temporal e a través dun contrato de posta a disposición, a persoas traballadoras contratadas para tal fin. No seu caso, tamén poden levar a cabo actividades formativas para a cualificación profesional, de asesoramento ou consultoría de recursos humanos. Cando un traballador é contratado por unha ETT, percibe desta o salario e os complementos que lle corresponden segundo o establecido no convenio colectivo aplicable na empresa usuaria, non podendo aplicarse dedución algunha, salvo as establecidas pola Lei. Corresponde así mesmo á propia ETT ofrecer información adecuada en atención ao posto que o traballador vaia a desempeñar, cumprir os deberes coa Seguridade Social, cubrir os gastos derivados da selección, contratación ou formación, e pagar a indemnización polo fin do traballo temporal.
Pódense consultar as ETTs (xunto coas súas webs nas que poder rexistrar o noso CV e ligazóns a ofertas de emprego publicadas por elas) e delegacións das mesmas situadas en distintas localidades da xeografía galega en www.portalett.com.
Pódense consultar as ETTs (xunto coas súas webs nas que poder rexistrar o noso CV e ligazóns a ofertas de emprego publicadas por elas) e delegacións das mesmas situadas en distintas localidades da xeografía galega en www.portalett.com.
Un taboleiro de anuncios é un lugar destinado á publicación de mensaxes xa sexan estas referidas a avisos de compra-venda, difusión de eventos, prestación ou demanda de servizos varios, etc. Internet serviu neste sentido como complemento e/ou alternativa tanto aos tradicionais taboleiros físicos como aos anuncios clasificados en medios imprimidos, logrando unha maior confluencia, mellor clasificación así como unha enorme ampliación no rango de alcance das mensaxes.
Folga dicir que os taboleiros de anuncios non son alleos á oferta e demanda de emprego. Pois ben, velaquí os máis destacados actualmente no que ao ámbito do mercado laboral se refire:
Folga dicir que os taboleiros de anuncios non son alleos á oferta e demanda de emprego. Pois ben, velaquí os máis destacados actualmente no que ao ámbito do mercado laboral se refire:
Milanuncios.com. Sen dúbida o taboleiro máis prolífico con diferenza de todos, permítenos facer un filtrado seleccionando campos profesionais, ámbito xeográfico (tanto por comunidade autónoma coma por provincias), ofertas e/ou demandas, e data de publicación dos anuncios.
Tablón de Anuncios. Taboleiro con ofertas de emprego que nos permite filtrar por campos profesionais (incluíndo a posibilidade de seleccionar traballos sen cualificación, autónomos e freelance, a tempo parcial, traballo en prácticas, teletraballo...), e por provincias ademais de por localidades.
Segundamano. Taboleiro no que, antes de nada, deberemos de escoller no campo de "categorías" a de "traballo e formación" e seguidamente a provincia, cidade ou, concretando aínda máis, o código postal. No seu defecto, dispoñemos da posibilidade de seleccionar no mapa a provincia da nosa preferencia e posteriormente "traballo e formación" en "categorías".
Sendo Facebook a rede social máis popular en España (utilizada por 9 de cada 10 españois que teñen Internet), como podemos beneficiarnos da súa celebridade á hora de buscar emprego? Aínda que proliferan os que propugnan o uso desta rede social como plataforma para dar difusión ao noso perfil, ampliar a nosa rede de contactos e que as nosas habilidades e aptitudes gañen así visibilidade, certo é que esta práctica non está exenta de riscos quizais innecesarios. Unha sobreexposición en Facebook obríganos necesariamente a estar moi pendentes da configuración da privacidade do noso perfil co fin de evitar primeiras impresións contrarias aos nosos intereses. Podedes consultar o artigo "10 consejos para configurar tu privacidad en Facebook" de ComputerHoy.com.
Á marxe da promoción do noso perfil particular con todos os seus proles e contras, Facebook ofrece a posibilidade de sondar ofertas laborais a través tanto de Grupos coma de Fanpages. Velaquí unha selección feita no ámbito laboral da comunidade galega, sendo todas elas a día de hoxe fontes de consulta activas e actualizadas regularmente:
Á marxe da promoción do noso perfil particular con todos os seus proles e contras, Facebook ofrece a posibilidade de sondar ofertas laborais a través tanto de Grupos coma de Fanpages. Velaquí unha selección feita no ámbito laboral da comunidade galega, sendo todas elas a día de hoxe fontes de consulta activas e actualizadas regularmente:
Empleo Galicia. Fanpage con noticias e ofertas de emprego. Á parte das ofertas publicadas no Muro, consultar tamén na marxe esquerda facendo click sobre "PUBLICACIONES DE LA PÁGINA". A continuación abrirase unha ventá na cal poderemos facer a consulta do listado baixando co scroll e facendo click en "ver más historias".
Ofertas y demandas de empleo, Galicia. Fanpage cun muro desactualizado. Neste caso, consultar necesariamente as ofertas publicadas na marxe esquerda facendo click sobre "PUBLICACIONES DE LA PÁGINA". A continuación abrirase unha ventá na cal poderemos facer a consulta do listado baixando co scroll e facendo click en "ver más historias".
Galicia Empleo. Grupo aberto para quen desexe compartir ofertas de traballo en Galicia así coma outras actividades relacionadas: talleres de emprego, de orientación laboral, cursos e xornadas...
Galicia Valle de Empleo. Grupo pechado. Proxecto aberto a colaboracións con información sobre ofertas de emprego en Galicia, cursos para traballadores e desempregados, orientación laboral...
Ofertas de trabajo en Galicia. Grupo público con ofertas de emprego no ámbito galego publicadas tanto por pequenos empresarios coma por colaboradores.
Se busca... Grupo público con ofertas de emprego publicadas polos colaboradores deste.
"Monitorizar" é posiblemente a vía máis efectiva á hora de localizar en tempo real aquelas ofertas laborais en Twitter que mellor encaixen co noso perfil profesional. Sen necesidade previa de ter sido "seguidores" de determinadas contas nin de telas incluído en ningunha lista que creásemos, e sen a dependencia de retweets nin de mencións alleas para poder acceder a ofertas do noso potencial interese, poderemos así velas nun TL (timeline) depurado. O que estaremos a facer será, basicamente, introducir na ferramenta de monitorización un ou varios nomes, palabras ou hashtags que axustarán a busca na "rede social dos 140 carácteres", filtrando unicamente aqueles tweets que conteñan o/os termo(s) introducido(s) previamente, e obtendo así unha concreción moi útil ademais dun valioso aforro de tempo.
Para a monitorización propoño catro ferramentas: Twazzup, Twitonomy, TweetDeck e Hootsuite. As catro cumpren satisfactoriamente coa tarefa encomendada.
Twazzup é realmente sinxela de manexar. Unha vez accedamos a ela vía Twitter, non nos quedará outra que introducir as palabras clave polas que se rexerá a busca. En "Preferences" escolleremos o idioma "Spanish (español)". Sobra dicir que nin necesaria nin exclusivamente todos os tweets resultantes han de conter ofertas de traballo.
Twitonomy pola súa banda é unha ferramenta que vai moito máis aló da mera monitorización de contas persoais e/ou por termos clave, sendo de aplicación no que aquí nos compete o mesmo procedemento que para Twazzup. Non obstante, Twitonomy goza da vantaxe de poder crear múltiples módulos de monitorización -facendo click en "Add a keyword search"- e poder situalos e redistribuílos ao noso antollo -facendo click no módulo e, sen soltar, arrastrar- no espazo asignado do noso taboleiro (Dashboard).
A plataforma multifunción TweetDeck ofrece a posibilidade, entre outras, de engadir varias columnas "Search" de monitorización á súa interface, podendo á súa vez acoutarse os criterios iniciais de busca a tweets que vaian acompañados de links, excluír aqueles que conteñan un determinado termo, ou descartar os retweets (o cal aportará uns resultados libres de reiteracións innecesarias).
Finalmente, na aplicación multixestora de redes sociais Hootsuit -de forma moi similar a TweetDeck- tamén dispoñemos da posibilidade de engadir e reordenar columnas de "Búsqueda". Reiterar unha vez máis que non necesariamente todos os tweets resultantes han de conter ofertas de traballo. Fundamental: ser precisos e acertar nas palabras clave. Importante: non deixar de facer varias probas.
Se es demandante de emprego, InfoJobs como portal de emprego con maior tráfico en España é de obrigada referencia. Fundado en 1998 por Nacho González-Barros para dar resposta nun principio ás necesidades de recrutamento das "puntocom" e distinguido por nominacións e galardóns varios (Best Workplace, Premio Seres, Premio PYMES 2007...), presta hoxe os seus servizos a todo tipo de profesionais e empresas. É requisito fundamental como demandante de emprego que te rexistres co fin de que poidas publicar e manter actualizado o teu currículo -dispós da posibilidade de activalo de forma pública para que poida ser encontrado polo motor de busca de Google e ser compartido a través de Facebook e Twitter-, ademais de habilitar así a posibilidade de inscribirte nas ofertas laborais do teu interese.
Unha vez completado o teu perfil laboral, xa estás en disposición de facer unha busca activa no portal facendo click en "Empleo" e especificando tanto o sector ou actividade coma o ámbito xeográfico. Se achas algo que se axuste ao teu perfil no conxunto de resultados obtidos, fai click na oferta para poder visualizar con maior detalle tanto a descrición coma os requisitos desta e, se así o decides, inscríbete facendo click en "Inscribirme a esta oferta"; a partir dese momento, poderás informarte do estado da túa candidatura no apartado "Candidaturas".
Unha vez completado o teu perfil laboral, xa estás en disposición de facer unha busca activa no portal facendo click en "Empleo" e especificando tanto o sector ou actividade coma o ámbito xeográfico. Se achas algo que se axuste ao teu perfil no conxunto de resultados obtidos, fai click na oferta para poder visualizar con maior detalle tanto a descrición coma os requisitos desta e, se así o decides, inscríbete facendo click en "Inscribirme a esta oferta"; a partir dese momento, poderás informarte do estado da túa candidatura no apartado "Candidaturas".
InfoJobs tamén pon á túa disposición a posibilidade de crear un conxunto de alertas baseadas nas túas buscas, o cal facilita a tarefa de rastrexo no portal automatizando este e derivando ao teu correo electrónico ou ao teu lector de RSS ou "feeds" as novas ofertas laborais que vaian publicándose de acordo aos criterios de busca seleccionados previamente.
Autor do blog:
Arquivos:
Mayo 2017
Abril 2017
Marzo 2017
Octubre 2016
Julio 2016
Junio 2016
Octubre 2015
Junio 2015
Mayo 2015
Septiembre 2014
Octubre 2013
Categorías:
Todos
App
Boletíns
CV 2.0
Emprego
ETT
Facebook
Galicia
Internet
LinkedIn
Taboleiros De Anuncios
Twitter