LinkedIn defínese a si mesma como a maior rede profesional do mundo. Como tal podemos construír nela a nosa identidade profesional, manter contacto con compañeiros de traballo ademais da posibilidade de descubrir novas oportunidades profesionais e de negocio.
Rexistro
Agora ben, que puntos debemos ter en consideración á hora de estar presentes e optimizar o noso perfil en LinkdIn. En primeiro lugar rexistrarnos -se aínda non o fixemos- co noso nome, apelidos e un contrasinal ou servíndonos do noso acceso a Facebook para importar os nosos datos dende esa rede social ata LinkedIn.
Completar o perfil
Engadiremos unha foto de perfil -non sendo en absoluto nada recomendable deixar este campo sen cubrir-. Recoméndase unha foto actualizada, con boa definición, que nos identifique de ombreiros para arriba, e que transmita de nós algo máis que puro hieratismo.
O titular profesional (Imaxe 1) definiranos ante calquera sen necesidade de que visitasen o noso perfil. Ante calquera procura na que nós sexamos parte do resultado, as palabras que incluamos no titular son as que dirán do noso eido profesional antes que o resto de información relevante que engadísemos ao noso perfil de LinkedIn. Redundando na súa importancia, non obviemos que o noso titular profesional pode chegar a resultar unha invitación a que algún reclutador visite interesado o noso perfil.
O titular profesional (Imaxe 1) definiranos ante calquera sen necesidade de que visitasen o noso perfil. Ante calquera procura na que nós sexamos parte do resultado, as palabras que incluamos no titular son as que dirán do noso eido profesional antes que o resto de información relevante que engadísemos ao noso perfil de LinkedIn. Redundando na súa importancia, non obviemos que o noso titular profesional pode chegar a resultar unha invitación a que algún reclutador visite interesado o noso perfil.
En Información de contacto (Imaxe 2) engadiremos datos como o noso correo electrónico, teléfono, unha dirección que non necesariamente ten que plasmarse completa (podemos incluír só a nosa provincia de residencia, por exemplo), a nosa conta de Twitter e sitios web dos que sexamos responsables ou partícipes -indispensable o noso blogue profesional, dispoñendo del-.
Será fundamental tamén revisar e personalizar a URL do noso LinkedIn co noso nome e apelido(s) sen máis, a fin de situarnos axeitadamente nos distintos buscadores. Só temos que colocar o cursor sobre a nosa actual dirección URL e facer clic sobre a pequena icona indicada coa frecha (Imaxe 2) para acceder ao personalizador do perfil público e modificar dende aí (Imaxe 3).
Incluír un Extracto (Imaxe 4) resultará tanto máis útil e agradecido a ollos de quen o consulte canto máis extensa sexa a nosa experiencia e formación. Tédeo en conta.
En Experiencia engadiremos -ou, no seu caso, modificaremos sobre o xa engadido- información relativa aos traballos xunto cunha descrición dos labores levados a cabo e funcións desempeñadas nas nosas distintas etapas profesionais. A cada experiencia engadida pódeselle achegar un documento, unha foto, unha ligazón, un vídeo ou unha presentación que ilustre e complete máis sobre o incluído. Á hora de engadir cada unha das nosas experiencias, será o propio LinkedIn o que as ordene cronoloxicamente no noso perfil en base aos períodos seleccionados de principio e fin de cada uns dos traballos; se se trata dun actual, teremos que poñer o check en "Trabajo aquí actualmente". O mesmo aplícase para o apartado Educación no que incluiremos as nosas titulacións académicas. En Cursos engadiremos aqueles cursos, seminarios ou formacións das que podamos achegar algún certificado acreditativo, e en Idiomas aqueles nos que nos desenvolvamos indicando un grao de competencia (básico, profesional ou bilingüe/nativo).
Á hora de incluír as nosas "Aptitudes y validaciones", teñamos especial consideración en achegar aquelas que non sexan única e/ou exclusivamente (re)coñecidas a nivel privado senón que poidan ser así mesmo validadas por aquel@s a quen teñamos de contactos, dado que iso supoñerá tanto un recoñecemento por parte de quen nos coñece e/ou compartiron labores profesionais connosco como gañar credibilidade fronte a quen non nos coñece e descoñece a constatabilidad das nosas áreas de dominio. Importante: non confundir no eido de LinkedIn a validación de aptitudes coas recomendacións. A validación de aptitudes é o modo a través do cal os nosos contactos acreditan as nosas capacidades, mentres que unha recomendación é unha declaración escrita coa recomendación (valla a redundancia) dun contacto. Podedes solicitar unha picando en Perfil (barra do menú superior) e facendo clic a continuación na frecha descendente á beira de "Ver perfil como" (Imaxe 6). Un consello: non dubides da túa iniciativa á hora de validar as aptitudes dos teus contactos nin en corresponder cando eles validen as túas.
Podedes engadir en Información adicional datos persoais como data de nacemento ou estado civil e áreas que conformen o voso campo de "Intereses". Dispoñedes da posibilidade de completar o voso perfil incorporando seccións dende "Añade una sección a tu perfil (Ver más)" (Imaxe 4).
Unha vez completo, todas as seccións son distribuibles ao longo do noso perfil colocando o cursor sobre cada unha delas e picando con arrastre sobre a frecha de dobre punta á beira de "+Añadir" (Imaxe 5), podendo dar así preferencia de visibilidade á nosa Experiencia ou ao noso Extracto (sendo recomendable) por encima das demais na orde que consideremos en importancia (Educación, Cursos, Idiomas...).
Unha vez completo, todas as seccións son distribuibles ao longo do noso perfil colocando o cursor sobre cada unha delas e picando con arrastre sobre a frecha de dobre punta á beira de "+Añadir" (Imaxe 5), podendo dar así preferencia de visibilidade á nosa Experiencia ou ao noso Extracto (sendo recomendable) por encima das demais na orde que consideremos en importancia (Educación, Cursos, Idiomas...).
Xa completei o meu Perfil... e agora que?
Agora que completamos o noso perfil, tócanos -ademais de estar- ser..., e ser implica estar activos. E estar activos en LinkedIn, leva, á súa vez, unha serie de consideracións como son:
-Buscar contactos
Aínda que LinkedIn brindounos xa a posibilidade de importar contactos nalgún momento determinado durante o proceso de rexistro, sempre poderemos incrementar a nosa base engadíndoos dende "Mi red – Buscar contactos" (barra do menú superior) e seleccionando algún arquivo (o formato debe ser .csv, .txt ou .vcf) ou aquelas contas activas de email que teñamos dende as que nos interese importalos (Imaxe 7). Á hora de engadir contactos, tamén podemos buscalos picando sobre o despregable de categorías do buscador situado no encabezado do noso LinkedIn (sinalado coa frecha na Imaxe 8), escollendo "Gente" e seleccionando a maiores criterios de procura como localización, sector, empresa actual ou anterior, etc. Cantos máis e máis relacionados estean co noso campo profesional, moito mellor.
-Buscar emprego
O buscador tamén nos será útil á hora de localizar empresas -non obvies que moitas delas están presentes en LinkedIn- e comprobar as súas ofertas laborais máis recentes, ademais de poder identificar e engadir contactos vinculados laboralmente a elas. Con carácter máis xenérico, podemos rastrexar ofertas de traballo picando en "Empleos" (Imaxe 8), co que se nos abrirá o buscador de empregos (Imaxe 9) no que dispoñeremos da opción de concretar e engadir un perfil profesional (hostalería ou marketing, por exemplo) e unha área xeográfica (A Coruña e arredores, por exemplo), sendo susceptibles de ser ordenados os resultados obtidos tanto por relavancia como por data de publicación. Tamén podemos crear unha alerta de emprego (Imaxe 10) e configurar tanto a súa frecuencia de recepción (diaria ou semanal) como a vía de aviso (correo electrónico ou notificación).
-Participar
Resulta moito máis que recomendable participar periodicamente en LinkedIn -co fin de gañar presenza e visibilidade e crear sinerxias profesionais- engadindo contidos -podendo ser compartidos exclusivamente cos nosos contactos ou destinalos ao público en xeral- (Imaxe 11) e buscando grupos -de novo accedendo ao despregable de categorías do buscador (Imaxe 8) seleccionando Grupos- acordes co noso perfil profesional nos que, tras solicitar unirnos, podamos participar compartindo e aprendendo nos diversos debates virtuais que poidan establecerse.
-Manter actualizado o perfil
Non importa canto de grande ou pequeno fose o teu novo logro: engádeo. Xa sexa unha nova experiencia, ou un novo curso, un proxecto, ou unha publicación, un recoñecemento ou un premio... Engádeo e mantén actualizado o teu perfil. Mantelo actualizado é o básico e primordial para estar activo en LinkedIn... E, en consecuencia, ser alguén na maior rede profesional do mundo.