Searching Emprego
  • Páxina inicial
  • Blog
  • Recompilacións semanais de ofertas de emprego
  • Contacto

CornerJob, a app para atopar traballo en 24 horas.

4/7/2016

0 Comentarios

 
Picture
   CornerJob é unha ferramenta de busca de emprego orientada única e exclusivamente a dispositivos móbiles e que aspira a que @s candidat@s a unha oferta de emprego poidan coñecer se foron preseleccionad@s ou descartad@s nun prazo de 24 horas. A súa filosofía baséase en tres alicerces: xeolocalización, temporalidade, así como un espírito 100% de plataforma móbil.

   Esta app creada baixo o paraugas de Antai Venture Builder, trata de responder ás necesidades concretas tanto de pemes, ETTs como de grandes empresas en canto a perfís de alta rotación se refire, procurando achegar axilidade ao proceso.

   A app está dispoñible tanto para Android (descárgaa aquí) como para iOS (descárgaa aquí). Cunha interface amigable, unha vez descargada resulta moi sinxela de utilizar.  O primeiro que teremos que acometer é completar o noso rexistro e crear un perfil o cal sempre poderemos editar posteriormente manténdoo actualizado: nome, apelidos, a nosa localización (a app por defecto tratará de xeolocalizar o noso emprazamento a tempo real, aínda que isto é susceptible de ser modificado manualmente), unha foto, data de nacemento, e xa centrándonos máis no que ao contido profesional do noso perfil se refire, a nosa experiencia; e nos seguintes tres módulos -completables con ata  un máximo de 100 caracteres- información relativa aos nosos títulos académicos e cursos formativos, idiomas nos que nos desenvolvamos e, finalmente, un apartado destinado a completar coa información que prefiramos destacar acerca das nosas capacidades e aptitudes.

   No apartado "Home" a app mostraranos, de forma un pouco desordenada iso si en canto á orde cronolóxica, as ofertas publicadas máis recentemente no radio de distancia máis próximo á nosa localización actual ou seleccionada, na súa falta, manualmente. Podemos filtrar os resultados que ofreza por defecto a app -tendo unicamente en consideración a nosa localización- engadindo un termo que discrimine e concrete a nosa busca ou ben pulsando na icona de filtro, co que accederemos a unha listaxe de sectores laborais dispoñibles para ser seleccionados e que nos poden servir de guía no filtrado. Unha vez nos apuntamos a unha oferta e a nosa candidatura é enviada con éxito, a empresa dispón de 24 horas para responder antes de que caduque. No apartado "Ofertas" veremos aquelas ofertas nas que nos apuntásemos e o estado da candidatura (se foi aceptada ou non). Coa condición de ser preseleccionados previamente, teremos a posibilidade de manter contacto coa empresa ofertante no apartado "Chat".
   Mellorable aínda en certos aspectos como opcións de filtrado, certa desorde cronolóxica na presentación das ofertas, o compromiso dalgunhas empresas á hora de adaptarse á filosofía da app de acurtar prazos de resposta..., o certo é que CornerJob non deixa de ser benvida como nova ferramenta a engadir á nosa busca de emprego tendo en conta a súa sinxeleza e que non nos esixirá nada máis aló dos 5 minutos iniciais de rexistro e edición do noso perfil. O tempo e o seu desenvolvemento ditaminarán se merece chegar á consideración de app de busca de emprego "top".
0 Comentarios



Deja una respuesta.

    Autor do blog:

    Diego Vázquez Camino

    View my profile on LinkedIn

    Arquivos:

    Mayo 2017
    Abril 2017
    Marzo 2017
    Octubre 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Octubre 2015
    Junio 2015
    Mayo 2015
    Septiembre 2014
    Octubre 2013

    Categorías:

    Todos
    App
    Boletíns
    CV 2.0
    Emprego
    ETT
    Facebook
    Galicia
    Internet
    LinkedIn
    Taboleiros De Anuncios
    Twitter

    Fuente RSS

    Tweets por @SearchEmprego
Con tecnología de Crea tu propio sitio web único con plantillas personalizables.