As empresas de traballo temporal (ETTs) son aquelas que teñen como actividade principal a de ceder a outras empresas usuarias, con carácter temporal e a través dun contrato de posta a disposición, a persoas traballadoras contratadas para tal fin. No seu caso, tamén poden levar a cabo actividades formativas para a cualificación profesional, de asesoramento ou consultoría de recursos humanos. Cando un traballador é contratado por unha ETT, percibe desta o salario e os complementos que lle corresponden segundo o establecido no convenio colectivo aplicable na empresa usuaria, non podendo aplicarse dedución algunha, salvo as establecidas pola Lei. Corresponde así mesmo á propia ETT ofrecer información adecuada en atención ao posto que o traballador vaia a desempeñar, cumprir os deberes coa Seguridade Social, cubrir os gastos derivados da selección, contratación ou formación, e pagar a indemnización polo fin do traballo temporal.
Pódense consultar as ETTs (xunto coas súas webs nas que poder rexistrar o noso CV e ligazóns a ofertas de emprego publicadas por elas) e delegacións das mesmas situadas en distintas localidades da xeografía galega en www.portalett.com.