Os días 5 e 6 de novembro -xoves 5 de 9.30 a 20.00 horas e venres de 9.30 a 14.00 horas- desenvolverase en Santiago de Compostela, no Pazo de Congresos e Exposicións, o I Foro Colaborativo polo Emprego (FOCO 2015). O obxectivo do FOCO 2015 é o de facilitar o coñecemento do mercado laboral, fomentar as sinerxías entre empresas e entidades relacionadas co emprego, así como desenvolver accións de formación e intermediación laboral que favorezan as posibilidades de inserción das persoas desempregadas. Entre as actividades que se levarán a cabo cabe sinalar:
- Xestión de ofertas de emprego. Entre o 1 de outubro e o 3 de novembro realizaranse tarefas de intermediación laboral e xestión de ofertas, desenvolvéndose algún dos procesos de selección no propio Foro. Pódense consultar os procesos abertos de selección de persoal aquí.
- Encontros con empresas para a selección de talento. No Foro realizaranse encontros/entrevistas personalizadas con empresas interesadas en preseleccionar candidatos/as para próximas contratacións.
- Envío de currículums en formato dixital a ofertas e portais de emprego. No FOCO haberá unha zona de terminais para que as persoas asistentes poidan enviar online os seus currículums a máis de 40 de empresas.
- Mesas participativas no marco do Pacto Local polo Emprego. O programa inclúe 17 mesas temáticas estruturadas en tres grandes áreas: empregabilidade: empresa e economía social; e cidadania e desenvolvemento. As mesas terán un carácter participativo, contando coa presenza de expertos na materia en cada unha delas.
- Actividades formativas. O programa formativo pretende axudar aos participantes a aumentar as súas competencias e cualificacións profesionais e informalos sobre os recursos e as ferramentas máis útiles na busca de emprego.
- Presentacións e stands de empresas. Divesas empresas realizarán presentacións e atenderán ás persoas asistentes, contando cunha presenza destacada de empresas situadas no ámbito da economía social e a promoción do emprego.
* Máis info: http://axencialocaldecolocacion.org/