De entre o amplo abano de opcións das que dispoñemos hoxe en día, sen dúbida re.vu é unha das que merece estar no podio das máis atractivas. Por tal consideración, o seguinte pretende ser unha guía o suficientemente detallada -e apta mesmo para @s que non saiban inglés- como para proceder con re.vu a elaborar sen maiores complicacións o noso propio CV 2.0 .
1. Datos.
| En "Basic Information" incluiremos o noso nome ("First Name"), apelidos ("Last Name"), volveremos incluír nome e apelidos en "Display Name" (o introducido neste apartado é o que nos identificará na cabeceira do noso CV 2.0 ), en "Headline" mencionaremos o perfil ou perfís profesionais que nos definan (por exemplo, Mercadotecnia e Publicidade) e en "Biography" engadiremos, se así o desexamos dado que non é indispensable, uns breves apuntamentos biográficos. Si é aconsellable activar a opción de "Allow visitors to your profile to contact you via email?" que permitirá aos visitantes do noso currículo poder contactar connosco vía email dunha forma sinxela completando un formulario. |
2. Deseño e promoción.
| Pois ben, se seleccionamos nela "Background", dispoñeremos da posibilidade de escoller e subir unha imaxe que teñamos almacenada e que substituiría á que teñamos no currículo de fondo nese momento. Seleccionando a pestana "Theme", poderemos escoller un dos diversos aspectos visuais que nos proporciona por defecto re.vu. E finalmente, na pestana "Arrange" dispoñeremos a orde na que se presentarán os datos picando e arrastrando os distintos bloques de información. |
Finalmente, para levar a cabo un seguimento da nosa actividade de promoción ao longo do tempo e comprobar o impacto obtido servirémonos da analítica proporcionada por re.vu (acceder a "My Profile" e "Profile Statistics" a continuación), coa que poderemos obter un indicador tan básico e fundamental como é o número de veces que foi visitado o noso currículo ("Resume Views").