Un taboleiro de anuncios é un lugar destinado á publicación de mensaxes xa sexan estas referidas a avisos de compra-venda, difusión de eventos, prestación ou demanda de servizos varios, etc. Internet serviu neste sentido como complemento e/ou alternativa tanto aos tradicionais taboleiros físicos como aos anuncios clasificados en medios imprimidos, logrando unha maior confluencia, mellor clasificación así como unha enorme ampliación no rango de alcance das mensaxes.
Folga dicir que os taboleiros de anuncios non son alleos á oferta e demanda de emprego. Pois ben, velaquí os máis destacados actualmente no que ao ámbito do mercado laboral se refire:
Folga dicir que os taboleiros de anuncios non son alleos á oferta e demanda de emprego. Pois ben, velaquí os máis destacados actualmente no que ao ámbito do mercado laboral se refire:
Milanuncios.com. Sen dúbida o taboleiro máis prolífico con diferenza de todos, permítenos facer un filtrado seleccionando campos profesionais, ámbito xeográfico (tanto por comunidade autónoma coma por provincias), ofertas e/ou demandas, e data de publicación dos anuncios.
Tablón de Anuncios. Taboleiro con ofertas de emprego que nos permite filtrar por campos profesionais (incluíndo a posibilidade de seleccionar traballos sen cualificación, autónomos e freelance, a tempo parcial, traballo en prácticas, teletraballo...), e por provincias ademais de por localidades.
Segundamano. Taboleiro no que, antes de nada, deberemos de escoller no campo de "categorías" a de "traballo e formación" e seguidamente a provincia, cidade ou, concretando aínda máis, o código postal. No seu defecto, dispoñemos da posibilidade de seleccionar no mapa a provincia da nosa preferencia e posteriormente "traballo e formación" en "categorías".