Se es demandante de emprego, InfoJobs como portal de emprego con maior tráfico en España é de obrigada referencia. Fundado en 1998 por Nacho González-Barros para dar resposta nun principio ás necesidades de recrutamento das "puntocom" e distinguido por nominacións e galardóns varios (Best Workplace, Premio Seres, Premio PYMES 2007...), presta hoxe os seus servizos a todo tipo de profesionais e empresas. É requisito fundamental como demandante de emprego que te rexistres co fin de que poidas publicar e manter actualizado o teu currículo -dispós da posibilidade de activalo de forma pública para que poida ser encontrado polo motor de busca de Google e ser compartido a través de Facebook e Twitter-, ademais de habilitar así a posibilidade de inscribirte nas ofertas laborais do teu interese.
Unha vez completado o teu perfil laboral, xa estás en disposición de facer unha busca activa no portal facendo click en "Empleo" e especificando tanto o sector ou actividade coma o ámbito xeográfico. Se achas algo que se axuste ao teu perfil no conxunto de resultados obtidos, fai click na oferta para poder visualizar con maior detalle tanto a descrición coma os requisitos desta e, se así o decides, inscríbete facendo click en "Inscribirme a esta oferta"; a partir dese momento, poderás informarte do estado da túa candidatura no apartado "Candidaturas".

InfoJobs tamén pon á túa disposición a posibilidade de crear un conxunto de alertas baseadas nas túas buscas, o cal facilita a tarefa de rastrexo no portal automatizando este e derivando ao teu correo electrónico ou ao teu lector de RSS ou "feeds" as novas ofertas laborais que vaian publicándose de acordo aos criterios de busca seleccionados previamente.